O Concello de Vilagarcía convoca a mesa local de turismo para explicar as vantaxes da Q de cualidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Enrique Pérez Etcheverría, responsable da área de calidade de Turgalicia, estará en Vilagarcía o vindeiro xoves, día 3 de abril, para participar nunha convocatoria extraordinaria da Mesa Local de Turismo que terá como principal obxecto coñecer de primeira man en que consiste o distintito Q de Calidade Turística e cales son as vantaxes para un establecemento ou un destino. Dada a importancia do asunto, a convocatoria está aberta a todos os propietarios e xestores de iniciativas que teñen que ver co turismo: hoteis, restaurantes, axencias de viaxes, promotores de visitas guiadas, actividades náuticas, transportes, etcétera. A cita será ás 11 da mañá no Hotel Carril. Xunto ao responsable de calidade de Turgalicia estará o alcalde, Tomás Fole.

A Q de Calidade Turística é a marca que representa a calidade no sector turístico español. A marca aporta a aqueles establecementos que a obteñen prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigurosidad e promoción por parte da Secretaría de Estado de Turismo e dos departamentos de turismo das comunidades autónomas. Como en calquera outro certificado de calidade, os solicitantes deben presentar unha serie de documentación e pasar uns esixentes controis de calidade, que se manterán no tempo, unha vez obtido o recoñecemento.

Con esta iniciativa, o goberno local pretende seguir concienciando ao sector turístico de que a promoción da cidade pasa, en primeiro termo, pola colaboración da iniciativa pública e privada, e a busca dos máis altos graos de excelencia no servicio, o que á súa vez leva á diferenciación do produto vilagarcián respecto doutros.

29 de marzo de 2014 | 10:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.