O Concello de Tui recibe ao Club Kaiak Tudense tras proclamarse Campión de España de Piragüismo
Maña venres, 21 de marzo ás 20.00 horas, no Salón de sesións da Casa do Concello de Tui, terá lugar a recepción oficial ao Club Kaiak Tudense, que a pasada fin de semana se proclamou Campión de España de Piragüismo, por noveno ano consecutivo.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moises Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, concelleiros de Tui, así como os padeeiros, adestradores e directivos do Club Kaiak Tudense.
Dende o Concello de Tui animan a todos os tudenses a participar neste homenaxe ao mellor club de piragüismo de España.











