O Concello de Salvaterra de Miño presenta a programación da Biblioteca Municipal con motivo da celebración do día do libro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Co obxectivo de fomentar a lectura entre os mais cativos, o Concello de Salvaterra elabora unha extensa programación durante o mes de abril, co lema “Abril mes dos libros”.

. 7 de ABRIL, de 16.00 a 16.45h actuación do Grupo Expresión Produccións coa actividade “Conto contigo”, maxia, música e diversión, a partir dos 4 anos.

Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

. 14 de ABRIL, de 17.00 a 18.30h actuación do Grupo Viravolta co “Obradoiro de marionetas de papel”. Para nen@s a partir de 6 anos. Prazas limitadas.

Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

. 21 de ABRIL, actuación do Grupo Nita coa actividade “A ciencia é divertida”. Dous pases:

-De 17.00 a 18.00h. Nen@s de 2 a 4 anos, acompañados dos seus pais. Prazas limitadas

-De 18.00 a 19.30h. Nen@s de 5 a 8 anos. Prazas limitadas.

Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

. 28 de ABRIL, de 18.00 a 19.30h actuación do grupo Solidaridade Internacional de Galicia coa actividade “Contacontos do mundo”. Nen@s de 5 a 10 anos. Prazas limitadas,

Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

. 5 de MAIO, de 18.00 a 19.00h actuación do grupo Xanela Ocio coa actividade “Contos do revés”. Nen@s a partir de 4 anos.

Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

18 de marzo de 2014 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.