O Concello de Ribadumia comeza as obras de mellora e ensanche da estrada de Mamuela – Puentearnelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

As obras de de mellora e ensanche da estrada municipal de Mamuela – Puentearnelas inicianse estes días co fin de mellorar a circulación rodada nesta pista que veu aumentado notablemente o seu uso xa que é unha das alternativas que utilizan os conductores para o enlace ca PO-300. Trátase dunha estrada con circulación en ámbolos dous sentidos polo que desde o Concello de Ribadumia decidiron que sería unha boa opción para garantir maior seguridade ampliar cada un dos carrís aproveitando as marxes e sen necesidade de invadir as propiedades privadas. Unha vez ensanchada a estrada, procederase ao aglomerado en quente.

Nestas zonas xa se acometeron con anterioridade obras de mellora do saneamento O financiamento deste proxecto no Plan de Inversión da Deputación de Pontevedra.

Este tipo de actuacións veñen a confirmar o compromiso e o esforzo en investimentos do Goberno de Ribadumia para dotar servizos e melloras o municipio

21 de marzo de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.