O Concello de Ribadumia adquire un kaiak para esta práctica deportiva
O Concello de Ribadumia adquiriu un kaiak para o equipo do Club Náutico de Piraguismo “O Muíño”. A Alcaldesa, Salomé Peña Muñiz, acompañada do Concelleiro de deportes, Jorge Abal, achegáronse o Complexo Deportivo de Cabanelas onde adestran para facer entrega a directiva e os membros deste club dun kaiak.
A Alcaldesa asegurou que unha das liñas prioritarias do equipo de goberno era o deporte en xeral, apoiando e fomentando todo tipo de deportes como o Piragüismo que en Ribadumia conta con moitos deportistas destacados como o Campión Olímpico nos XXOO de Pekin no K2 500 metros Carlos Pérez Rial “Perucho”, o Campión Junior Europeo “Paulino Otero”, o campión do mundo absoluto David Maquieira, ou a xove promesa de Ribadumia, Campión Galego Cadete k2 200 m Borja Bejo de la Fuente.
Así pois, o goberno dá o seu apoio a deportistas locais que levan o nome de Ribadumia por onde van.
Agora coa adquisición deste novo kaiak para o Club Náutico de Piragüismo, o que no seu día foi unha promesa é xa unha realidade.
O Alcaldesa considera que situación económica non debe ser un obstáculo para que as persoas practiquen o seu deporte favorito. Por elo o Concello como administración pública máis próxima ao cidadán tenta poñer todos os medios posible para que calquera persoa poida acceder a práctica deportiva.











