O Concello de Pontevedra e a Asociación de Parkinson colaboran nunha carreira popular

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces recibiron esta mañá á Asociación de familias de enfermos de Parkinson de Pontevedra, que solicitaron a colaboración municipal para organizar unha carreira popular que tamén se celebrará en varias cidades europeas, e en 32 cidades españolas.

O Concello recolleu a proposta da asociación e tentará adaptala ao calendario das múltiples carreiras que se van celebrar este ano na cidade de Pontevedra.

A Asociación de Parkinson ten unha forte implantación na comarca de Pontevedra dado que atende a máis de 100 enfermos con terapias de logopedia, piscina terapéutica e fisoterapia.

6 de marzo de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.