O Concello de Neda recupera os bailes para maiores
O Concello de Neda anunciou esta mañá que, dende este venres, recuperará os tradicionais bailes para maiores no Centro Cívico Ramón Millarengo. Sesións que, tras unha paréntese dun ano, se retoman agora coa intención de ir progresivamente sumando asistentes para alcanzar as boísimas cifras de afluencia de anteriores tempadas. Para iso, o Concello manterá a fórmula tradicional: boa música en directo e un prezo da entrada asequible.
Paralelamente, a organización disporá pinchos para todos os asistentes co ánimo de que repoñan forzas e non cese o baile. Por último, o Concello lembra que a entrada tamén dará dereito a participar nos diferentes sorteos que se programarán en cada sesión.











