O Concello de Neda inicia a instalación dunha nova rede perimetral no campo de fútbol municipal
O Concello iniciou a semana pasada os traballos de instalación dunha nova rede perimetral no campo de fútbol municipal “Juanito González”. Traballos que se prevé conclúan ao longo da presente. O concelleiro de Deportes, Roberto Rey, e o técnico municipal de mantenemento encárganse das tarefas, para as que se fixo necesario o uso dunha grúa con cesta.
A nova rede, valorada en 2.000 euros, vén a sustituír a un anterior peche, moi deteriorado e gravemente danado nos últimos temporais. De feito, e tendo en conta a incidencia do vento na zona, o Concello encargou unha rede elaborada con materiais de forte resistencia co ánimo de que a súa vida útil sexa máis prolongada que a anterior.











