O Concello de Mos liquida o exercicio 2013 cun millón de euros en positivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMos
A-
A+
Reunión do equipo de goberno co interventor municipal

Reunión do equipo de goberno co interventor municipal

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe dos resultados presupostarios do pasado exercicio 2013 que son altamente positivos tanto en canto a cifras de superávit, como de remanente de tesourería e liquidación orzamenetaria.

O remantente de tesourería ascende a un millón de euros, o que significa, segundo declaracións da propia rexedora local mosense, “que dende o equipo de goberno local fixemos o esforzo de non presupostar por enriba do previsto para lograr este millón en positivo que nos axuda a comezar a reconducir a situación económica da administración local”. Este esforzo viu da man dun exercicio de responsabilidade baseado en axustar o orzamento ó máximo sen inflalo en absoluto, confeccionando un orzamento para o 2013 totalmente realista.

Ademais desta cifra do millón de euros en remanente de tesourería, dende a Alcaldía mosense saliéntanse tamén os 300.000 euros de superávit rexistrados tras o peche do exercicio 2013. Este superávit destinarase á amortización de débeda bancaria. Con dita amortización reducirase a carga financieira do Concello de Mos, logrando que as arcas municipais deixen de pagar intereses de cara ó ano 2015 por valor duns 20.000 euros.

Este análise en positivo ven refrendado tamén polo resultado presupostario do 2013 cifrado en 1.200.000 euros, que, xunto ó millón de euros de remanente de tesourería, é o parámetro que define como positiva a liquidación do orzamento do ano pasado.

Como conclusión, Arévalo salientou ó remate das súas declaracións desta mañá, que as claves para lograr unha liquidación positiva do exercicio económico 2013 foron o esforzo por axustar ó maximo o orzamento e o superávit de 300.000 euros que permite amortizar débeda bancaria e aforrar en pago de intereses. Por todo elo o Concello de Mos logra iniciar a reconducción da súa situación económica amortizando ademais anticipadamente a débeda.

25 de marzo de 2014 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.