O Concello de Mos asegura eliminar en catro anos o acoso escolar nas súas aulas

Reunión da xunta local de seguridade de Mos
Esta mañá celebrouse no Concello de Mos a Xunta Local de Seguridade na que estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, a concelleira mosense Julia Loureiro, o secretario municipal, o Capitán Xefe da segunda Compañía da Comandancia da Garda Civil de Vigo, Antonio Iglesias Salas; e diversos representantes da propia Garda Civil, Policías Nacional, Autonómica e Local e da Policía Xudicial de Pontevedra.
Os puntos tratados nesta Xunta Local de Seguridade foron o balance da criminalidade no que se refire a delitos e faltas no termo municipal mosense dende a útima Xunta, a coordinación dos labores de colaboración e cooperación entre as entidades participantes en materia de seguridade cidadá, o tratamento dos Plan Operativo de Ocio 2014 e Plan Director; así coma a presentación dun acordo de colaboración entre o Ministerio do Interior (Secretaría de Estado e Seguridade) e o Concello de Mos para a incorporación da Policía Local ó denominado ‘Sistema de Seguemento Integral dos Casos de Violencia de Xénero’.
Sobre o balance da criminalidade falou o Capitán Antonio Iglesias Salas, quen explicou que dende a derradeira reunión obsérvase un mantemento do índice respecto do ano precedente en materia tanto de delitos coma de faltas, un dato positivo que ven motivado, entre outras medidas, polas campañas de prevención das que Iglesias Salas destacou a importancia.
Pola súa banda o subdelegado do Goberno, Antonio Coello, aportou outro dato altamente positivo sobre o incremento da porcentaxe de esclarecemento de delitos e do número de detencións. Coello salientou tamén o traballo da Policía Local de Mos e colaboración e boa sintonía entre o corpo de seguridade municipal e a Garda Civil.
Arévalo fixo referencia neste sentido ó gran esforzo realizado polo Concello de Mos para que a Policía Local puidese prestar servizo tamén as fins de semana e ó proxecto futuro de poder incrementar novamente a plantilla de policías locais mosenses para dese xeito poder cubrir tamén o turno de noite.
Respecto do Plan Operativo de Ocio 2014, acordouse nesta Xunta Local de Seguridade convocar reunións coas Asociacións de Veciños para trasladarlles medidas de colaboración por parte do colectivo veciñal cos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, así coma para animalos a denunciar cando o estimen oportuno.
Na súa intervención, representantes da Policía Autonómica fixeron referencia as súas intervencións en incendios acontecidos no termo municipal mosense e en actuacións relativas ó consumo de alcohol en menores, acadando en todas elas, tal e como manifestaron, moi bos resultados.
Por último dende a Policía Xudicial de Pontevedra fíxose referencia ás actuacións realizadas en materia de acoso escolar. Entre ditas actuación estivo o total de 500 horas de charlas impartidas nos centros educativos de Mos durante os últimos catro anos, que lograron uns resultados tan óptimos como que se pasaron de 24 detencións desta índole en 2008 a ningunha en 2013.
Convenio violencia xénero
O citado convenio entre Concello e Secretaría de Estado de Seguridade pretende a incorporación da Policía Local ó ‘Sistema de Seguemento Integral dos Casos de Violencia de Xénero’ mediante a que se logra unha adecuada coordinación entre administracións co fin de previr e evitar riscos de agresións de xénero. Disporase así dun rexistro, ou base de datos común, de vítimas ás que se lles realizará seguemento individualizado e se analizarán as súas cirscunstancias e a evolución do risco no que se atopen. Para elo creouse unha plataforma informática especializada, desenvolvida polo Ministerio de Interior, para o seguemento integral dos casos











