O Concello de Lugo súmase aos 3 días de loito oficial pola morte de Adolfo Suárez
O Concello de Lugo súmase aos tres días de loito oficial decretados polo falecemento o domingo do expresidente do Goberno Adolfo Suárez, polo que as bandeiras ondean a media hasta na Casa Consistorial.
Así o informou este luns o Concello de Lugo nun comunicado, no que indicou que o goberno local suspendeu esta xornada a súa axenda pública como “sinal de respecto e de pesar” polo falecemento de Suárez.
Ademais, especifica que se apraza para outra data a rolda de prensa prevista para este luns no Concello para presentar a exposición dedicada ao pintor Carlos Bóveda.











