O Concello de Lalín presenta a súa candidatura ao premio EOLO da asociación empresarial eólica
Así o destacou o alcalde de Lalín, José Crespo, nunha rolda de prensa ofrecida esta mañá, acompañado polo tenente de alcalde, Román Rodríguez.
Indicou que Lalín posúe 4 parques eólicos, un deles un Parque Eólico Singular (PES) promovido polo Concello, que lle reportan ás arcas municipais uns ingresos anuais importantes en concepto de; BICES (Bens Inmobles de Características Especiais), canon polo PES e Fondo de Compensación Ambiental, ao que hai que sumarlle as rendas que cada ano os muíños aos veciños das parroquias que teñen no seu territorio asentados aeroxeneradores .
Crespo subliñou que “Lalín é unha das experiencias renovables máis importantes da Galicia rural”, pois súmase aos parques eólicos, a planta de biogás no Laboratorio de Mouriscade, a planta de fabricación de pellets financiada cunha axuda do GDR ou instalación de caldeiras nas piscinas municipais, entre outras.
Tras a rolda de prensa, visitaron o Monte Carrio.











