O Concello de Ferrol executa a reparación e mellora do firme da rúa Fernando Fernández Bastida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol  está a acometer os traballos de reparación e mellora do firme da rúa Fernando Fernández Bastida, aos que destina case 80.000 euros con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña. Esta intervención que consiste no aglomerado do devandito viario responde a unha petición da entidade veciñal asumida polo alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, e anunciada na última visita a Serantes con motivo do Plan de Barrios.

Segundo se recolle no proxecto que se está a executar, a intervención consiste no estendido dunha capa de 5 centímetros de aglomerado asfáltico sobre o pavimento existente, co fin de eliminar as irregularidades, baches, mordidas e deficiencias superficiais froito do continuo tráfico e da realización de anteriores rebacheos e reparacións parciais. Así mesmo, e aproveitando as obras de aglomerado, desenvolveranse outras tarefas como: a limpeza de bordes de calzada; limpeza e perfilado de cunetas e canos no borde da calzada e pintado e sinalización sobre pavimento. O prazo de execución dos traballos é de un mes, no caso de que as condiciones meteorolóxicas sigan acompañando e segundo se recolle na proposta de actuación.

Mantemento de viarios e beirrarúas

A esta actuación en Serantes, hai que engadir os traballos de aglomerado que na xornada de hoxe está a desenvolver o Servizo Municipal de Mantemento de Infraestruturas Viarias. Así, os operarios de Misturas S.A –empresa adxudicataria desta nova prestación pública- centran as súas tarefas na mellora do firme da rotonda do Diapasón, en Caranza; e da rúa Souto. Xunto con estas intervencións, outro grupo de operarios do servizo, reparan a beirarrúa da rúa Venezuela e a de Ponzos.

11 de marzo de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.