O Concello de Ferrol encargarase de completar o mobiliario do auditorio municipal
O Concello de Ferrol vén de adxudicar o contrato de subministración de mobiliario para o equipamento do Auditorio de Ferrol á empresa Equipamiento de Oficinas Ferrol S.L por un importe total de 47.974,08 euros (co 21% de IVE engadido). A Xunta de Goberno Local corroborou hoxe a decisión da Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ferrol que concedeu a maior puntuación á devandita firma licitadora, que foi unha das tres empresas que presentaron propostas.
Este contrato permitirá dotar ao Auditorio de mobiliario e elementos que son necesarios para as dependencias de almacén, camerinos –tanto os principais situados no primeiro andar como os habilitados no resto dos andares do inmoble-, taquillas e despachos. O contrato tamén inclúe diversos material de traballo para os operarios que se ocupan do mantemento e apertura do Auditorio, como poden ser carritos manuais, elevadores verticais, postes metálicos, cordóns separadores, mosquetóns, etc…
Noutra orden de cousas, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou adxudicar á empresa Coregal S.L (Cogami Reciclado de Galicia), o contrato de recuperador autorizado para a recepción do papel cartón recollido no termo municipal.











