O Concello de Culleredo repara a avenida de Juan Carlos I tras os danos ocasionados polo seu elevado uso e o mal tempo
A avenida de Juan Carlos I, unha das rúas máis transitadas do municipio de Culleredo, viu notablemente mellorado o seu estado. O Concello acaba de completar a reparación das fochancas que pareceran polo continuo uso da vía e o efecto do mal tempo.
En concreto, a actuación desenvolveuse na contorna dos edificios da Cros. A recta fronte ás pistas deportivas ou a curva eran os puntos con maior necesidade de intervención, polo que o goberno local encargou os traballos, que se executaron en cando as condicións meteorolóxicas permitírono.
A actuación consistiu na reparación do firme mediante asfalto nas distintas zonas que o requirían. Agora procederase ao pintado da vía para finalizala. O orzamento alcanzou os 27.000 euros.
A avenida de Juan Carlos I é unha das principais infraestruturas de comunicación da zona urbana de Culleredo. Serve para enlazar coa zona residencial da Cros así como con equipamentos como o paseo marítimo do Burgo, o centro ocupacional A Escada, a escola infantil, o centro de día ou diversos comercios e locais de hostalaría. Ademais, funciona como alternativa ao tráfico fronte á AC-211.
Doutra banda, a avenida Juan Carlos I constituíu unha das prioridades para o Concello no seu plan de sinalización viaria, un conxunto de actuacións que se emprenderon despois de efectuar unha profunda revisión do estado das rúas. O Concello procedeu a repor as bandas rugosas da avenida, un dos elementos se seguridade viaria cos que conta. Estas bandas fóronse estragando polo tránsito de vehículos, polo que se colocaron novas que alenten aos condutores a respectar a limitación de velocidade.
Outra das actuacións desenvolveuse no cruzamento de Juan Carlos I con cálea Mosteiro de Carracedo. A Policía Local detectou que existía pouca visibilidade para os usuarios, polo que o Concello colocou un espello que axude á incorporación á avenida.
Con estas melloras, o equipo de goberno apunta que mellorarán notablemente as prestacións e a seguridade viaria da avenida Juan Carlos I, respondendo as necesidades manifestadas polos veciños.
Así mesmo, a actuación incluíu a mellora do acceso ao aparcadoiro da praza de Galicia, unha parcela habilitada para o uso de como estacionamento no centro do Burgo. Agora a entrada presenta unhas condicións adecuadas para o paso de vehículos, fronte á deterioración notable que se produciu nos últimos meses.