publicidade hoxe

O Concello de Cortegada asina un convenio colaborador coa Fundación Amigos de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCortegada
A-
A+

O Concello de Cortegada ven de asinar un convenio coa Fundación Amigos de Galicia, a través do cal esta Fundación atende as necesidades alimentarias das familias con fillos menores en idade escolar, cuxa situación económica é actualmente precaria. O obxectivo é que os nenos e nenas teñan unha alimentación adecuada ao seu desenvolvemento psíquico e físico. Así tódolos meses se lles entrega un lote de alimentos suficientes e adecuados, dependendo das condicións familiares.

Tamén dende o departamento de Servizos Sociais se está levando a cabo unha campaña de recollida de alimentos, en colaboración cos supermercados do Concello. Así, os compradores depositan produtos nos establecementos, que posteriormente serán entregados ás familias con ningún ou escasos recursos económicos.

Dende este mismo departamento, xa se puxo en marcha tamén a creación dun roupeiro, onde tódolos martes se pode deixar roupa que xa non se utilice e, que posteriormente será entregada aos usuarios que o demanden e cumpran as condicións para ser destinatarios do mesmo.

10 de marzo de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.