O Concello de Cedeira aplaza a Festa Infantil de Disfraces
Por mor do forte temporal, o Concello de Cedeira informa de que a Festa Infantil de Disfraces prevista para este luns, 3 de marzo, no Parque do Sagrado Corazón queda aplazada. Celebraráse o vindeiro domingo, 9 de marzo, ás cinco da tarde, no pavillón polideportivo municipal, coa mesma programación, que inclúe a actuación da compañía La Granja.











