O Concello de Cangas recorda á cidadanía a normativa de tenencia de animais
Con motivo da proximidade da chegada da primavera, época na que se incrementa o número de animais domésticos que acompañados dos seus donos pasean polas rúas do municipio, o Concello de Cangas quere lembrar a todos os veciños e veciñas que existe unha normativa de obrigado cumprimento sobre a tenencia de animais.
Tal e como se establece na lei 5/1999 do 23 de decembro do Réxime Xurídico sobre a Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos aqueles cans considerados segundo a lexislatura vixente como “potencialmente perigosos” deberán levar obligatoriamente o bozal apropiado para a tipoloxía racial do animal, deberán ser conducidos e controlados con cadea ou correa non extensible de menos de dous metros.
O non cumprimento desta normativa é considerado coma unha falta grave e sancionado co pago dunha multa de entre 300 e 2.400 euros.
Durante o último mes o membros do SEPRONA xa comunicaron no Concello dous casos de sanción para que se inicien os trámites pertinentes.
O goberno local lembra á cidadanía que tal e coma se establece na Ordenanza Municipal de Posesión e Protección de Animáis de Compañía “todos os animais, cando transiten ou circulen por vías públicas ou zonas verdes, teñen que ir debidamente controlados mediante cadea, correa e colar, ou outro medio máis axustado para cada especie.
O concelleiro de Medio Ambiente Jesús Graña manifesta que “dende o Concello se apela á conciencia dos donos e donas destes animais para que cumpran coa normativa vixente” coa finalidade de evitar danos e incidentes











