O Concello de Cangas organiza unha visita para as empresas interesadas na explotación do ciclo da auga
A concellería de Medio Ambiente informa de que o Concello de Cangas dispuxo unha data para a inspección das instalacións relacionadas co plan de explotación do ciclo integral da auga, dirixida ás empresas interesadas no concurso para a súa explotación.
Esta visita será o 3 de abril ás 9.30 horas e ao longo da mesma os técnicos municipais amosaran aos posibles adxudicatarios do servizo a EDAR, os bombeos, os depósitos, as fontes e todas as instalacións incluídas no proceso de licitación da xestión do ciclo integral da auga do Concello de Cangas.
Esta inspección ten como finalidade amosar ás empresas interesadas as infraestruturas existentes para que poidan presentar as súas ofertas.











