O Concello de Cangas lidera a creación de emprego na comarca do Morrazo
Hoxe fixéronse públicos os datos de desemprego por parte da Consellería de Traballo nas que se confirma unha reducción do desemprego na vila de Cangas en 29 persoas, mellorando a cifra do mes de febreiro do 2013 onde o para baixou en 25 persoas deixando a cifra de desempregados en 3.243 persoas.
Por outra banda os datos amosan que practicamente todo o novo emprego foi recollido polas mulleres nas que o paro baixou en 27 persoas, reducíndose a brecha entre o paro masculino e feminino sendo 1.523 homes os apuntados no Servizo Galego de Emprego fronte a 1.720 mulleres. Ademais as cifras tamén revelan cos novos empregos foron asumidos por persoas maiores de 25 anos.
Estes datos veñen a situar a Cangas á cabeza da creación de emprego en todo o Morrazo, sendo un dos municipios que mellor comportamento experimentou de toda a provincia de Pontevedra.
Dende a Concellería de Emprego Berta Pérez sinala que se trata dunha boa noticia e que seguirán traballando para continuar con ese descenso de parados no noso municipio.











