o Concello de Cangas finaliza o último trámite para a adquisición do inmoble da antiga Cámara Agraria
O goberno local realizou hoxe o pago da fianza de 9.577,04 euros para continuar cos trámites de adquisición do inmoble da Cámara Agraria na localidade que foron iniciados trala súa aprobación en Xunta de Goberno. Este paso súmase a aprobación por parte do Pleno da Corporación Municipal da ampliación do número de anualidades para a realización da compra á Consellería de Facenda deste edificio situado na rúa Cuba.
O pasado 7 de febreiro, mediante unha orde da administración autonómica, acordouse iniciar o expediente de venda directa da planta baixa e a primeira planta do inmoble. Segundo as condicións establecidas polo mesmo departamento o Concello de Cangas deberá aboar 383.081,40 euros en dez anos.
O alcalde de Cangas sinalou que con “este investimento preténdese establecer un lugar de referencia para o cidadán onde estean concentrados varios servizos públicos e non como na actualidade que están espallados pola vila” declarou.











