O Concello de Cangas abre o prazo de inscripción para os campamentos de verán na Lanzada
A concellería de Xuventude de Cangas informa que xa está aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán que a Deputación de Pontevedra oferta cada verán no Centro de Vacacións de A Lanzada.
Estes campamentos están destinados a todos aqueles nenos e nenas nacidos entre os anos 2001 e 2006, ambos incluídos. Todos aqueles e aquelas que queiran anotarse poderán facelo na Casa da Xuventude de Cangas ata o vindeiro 28 de marzo . Os irmáns que por idade poidan ir xuntos teñen a opción de entregar unha solicitude conxunta.
Haberá un total de once quendas de sete días de duración, que se reparten dende o día 22 de xuño ata o 6 de setembro.
Durante a súa estancia no campamento os máis pequenos poderán desfrutar dunha amplía oferta programática que inclúe actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de salón e artísticas.











