O Concello de Cambados finaliza a restauración do muro da escola unitaria do Couto

Muro restaurado
O Concello de Cambados rematou a restauración do muro de pedra que rodea a antiga escola unitaria do Couto, na parroquia de Castrelo. Este valado presentaba un aspecto de perigo inminente de derrubo, pois atopábase inclinado e provocou a alerta dos veciños que advertiron ós responsables municipais da situación xerada. As raíces das árbores interiores, ó medrar, presionaron a cimentación e foron dobrando o muro ata inclinalo. Coa actuación levada a cabo afirmouse a estrutura e endereitouse o valado.











