O Concello da Laracha solicita a participación nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña
O Concello da Laracha vén de solicitar a súa participación nos campamentos deportivos que organiza a Deputación Provincial da Coruña e que van dirixidos a nenos nados entre os anos 2001 e 2004, ambos incluídos.
Unha vez coñecida a relación total de municipios participantes, a Deputación realizará o reparto definitivo das prazas e as quendas de asistencia.
O campamento terá unha semana de duración, desenvolverase no mes de xullo e a estancia será nas instalacións do colexio Calvo Sotelo da Coruña. Os participantes practicarán diversas modalidades deportivas, como actividades náuticas, equitación, fútbol, tenis, piragüismo, etc. Algunhas das actividades realizaranse en inglés para reforzar a aprendizaxe desta lingua.
O prazo de preinscrición xa está aberto. Os interesados deben anotarse no Concello e entre todos os solicitantes realizarase o sorteo das prazas que finalmente sexan concedidas á Laracha.











