O Concello da Laracha participará na reunión da Rede Municipalista Solidaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Rocío López, edil responsable das áreas de servizos sociais, sanidade, muller e emprego, representará ao Concello da Laracha na reunión correspondente ao primeiro semestre de 2014 da Rede Municipalista Solidaria que impulsa o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O evento terá lugar mañá a partir das 10.30 horas no Castelo de Santa Cruz, no municipio de Oleiros. Na xuntanza exporase o estado dos proxectos de cooperación desenvolvidos desde o Fondo e presentaranse os plans a desenvolver durante o ano 2014 no marco da citada rede.

O Concello da Laracha adheriuse como socio ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no ano 2011, participando no cofinanciamento de diversos proxectos impulsados por esta entidade e acollendo actividades de sensibilización que o Fondo promove para fomentar a solidariedade.

5 de marzo de 2014 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.