O Concello da Guarda reclama unha solución para o tránsito de peóns na VAC Tui-A Guarda
No transcurso das obras da VAC A Guarda-Tui, ó seu paso polo término municipal da Guarda, coa execución das glorietas de Pintán e a de San Roque, non se contemplan actuacións encamiñadas a facilitar o tránsito de peóns.
O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, realizou varios escritos solicitando a búsqueda dunha solución. Con data do 28 de febreiro de 2014, recíbese no Concello unha resposta na que se indica que o proxecto construtivo non contempla actuacións encamiñadas a facilitar o paso dos peóns en ninguna das dúas glorietas, e engade que ditas glorietas non están en treito urbán e non contan con beirarrúas nas estradas que acceden a elas.
Se ben son certas as consideracións anteriores, non é menos certa a realidade, tal e como sinalou o alcalde da Guarda, que antes de que foran viais rodados foron camiños parroquiais para as persoas e os animais, e eses dereitos históricos tamén deben terse en conta pola administración. “Será unha evidencia e unha realidade que as persoas seguirán pasando e cruzarán a VAC sen seguridade algunha; e non será un feito puntual senón que estamos a falar de moitas persoas que transitan polos dous lugares”
Polo antedito, dende o Concello da Guarda, prégase encarecidamente unha solución para que os veciños da Gándara e Pintán poidan cruzar a VAC con absoluta seguridade.











