O Concello da Coruña adquire unha furgoneta para Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña adquiriu para o Servizo de Protección Civil unha furgoneta de nove prazas para o transporte de voluntarios aos dispositivos que se realicen ao longo de todo o ano. Trátase dunha furgoneta da marca Peugeot, cunha potencia de 2.000 cm3, que foi adquirida por un importe de 21.300 euros tras a realización dunha licitación pública. Este novo vehículo súmase á moderna ambulancia que entregou a Deputación da Coruña ao servizo municipal de Protección Civil a finais de 2013.

Na actualidade, Protección Civil conta con 13 vehículos para o desenvolvemento dos dispositivos e está prevista a licitación dunha nova furgoneta ao longo do presente ano 2014 por un importe de 21.700 euros.

A Agrupación de Voluntarios duplicou o número de efectivos nos dous últimos anos (pasando de 47 a 93) e que os técnicos municipais e os voluntarios de Protección Civil desenvolven máis de 200 operativos cada ano, destacando o seu traballo na noite de San Juan e en numerosos eventos deportivos e culturais (Cabalgata de Reyes e de Entroido, concertos ao aire libre e no Coliseum, maratóns ou partidos de fútbol no estadio de Riazor), así como o seu labor nos dispositivos de emerxencias, como os desenvolvidos conxuntamente con Policía Local e bombeiros ante as alertas meteorolóxicas e a súa colaboración con outros concellos da provincia en 13 dispositivos en eventos festivos, culturais e deportivos.

Ademais, debido ao incremento do número de voluntarios e dos dispositivos desenvolvidos polo servizo municipal de Protección Civil, desde a Concellaría incrementaranse, ao longo de 2014, os medios materiais, a formación e o espazo destinado no Coliseum á Agrupación de Voluntarios para que poidan desenvolver o seu labor con maior eficacia.

16 de marzo de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.