O comercio de Redondela presenta a campaña do Día do Pai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

A Asociación de Empresarios de Redondela na súa labor de promoción do Comercio de Redondela, puxo en marcha durante esta semana e ata o 31 de marzo e con motivo da Campaña do Día do Pai nos establecementos asociados que participan, os folletos “Descubre o que che ofrece o Comercio de Redondela”, os clientes poderán conseguir os cupóns desconto cas distintas ofertas do Comercio de Redondela. Do mesmo xeito estas promocións tamén poderán ser descargables dende a web http://promocions.empresasredondela.com

Neste folleto os clientes atoparanse con distintas promocións ou ofertas do Comercio de Redondela para o Día do Pai e serán válidos durante todo o mes de marzo, sendo tamén un agasallo máis que ofrecer no día do pai. Durante este mes de marzo os clientes do Comercio de Redondela poderán beneficiarse de ata un 30% de desconto nunha gran variedade de produtos e servizos.

14 de marzo de 2014 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.