O colexio Salesianos colaborará na sinalización do percorrido do sendeiro periurbano de Ourense
Esta mañá foi presentada á carón da Ponte Vella de Ourense unha iniciativa que porá en valor o sendeiro periurbano de Ourense, coa mellora da sinalización dun percorrido circular de 17.500 metros de distancia. Alumnos e profesores de Bacharelato de Salesianos de Ourense, e Voz Natura colaboran nun proxecto no que son partícipes as concellerías de Medio Ambiente, Deportes e Turismo do Concello de Ourense.
Na presentación desta mañá, os concelleiros Susana Bayo e Alfonso Vilachá, o director de Salesianos, Lupicinio Peña, e o membro do Comité científico de Voz Natura, Alejandro Díaz, detallaron a iniciativa nun dos puntos nos que será incluído un dos paneis, a carón da Ponte Romana. Trala presentación, alumnos de 2コ de Bacharelato do curso 2013-2014 de Salesianos realizaron o percorrido, e marcaron sobre o terreo sinais de “continuidade”, “dirección equivocada” e “cambio de dirección”, que contribuirán nunha mellor orientación do usuario.
Traballos previos e grandes paneis
Froito de diversos traballos levados a cabo na aula e no propio terreo, tanto por parte dos alumnos de Bacharelato do presente curso coma do curso 2012-2013, deseñaron tres grandes paneis que serán ubicados en puntos clave do percorrido: Ceboliño, Montealegre, e na pé da propia Ponte Vella. Estes paneis recollen a descrición e perfil do percorrido, as distancias entre os puntos, así coma documentos gráficos e textuais con consellos e claves para percorrer o sendeiro.
Percorrido circular
O percorrido é de carácter circular, puidendo realizarse por tramos ou de xeito completo, e iniciarse en calqueira dos puntos. Inclúe: Ponte Vella (á marxe esquerda do Miño, ata o río Loña) – Mende – Castro de Santomé – Núcleo rural de Ceboliño – Santa Mariña – Zaín – Seixalbo – Pavillón dos Remedios.
Homologación do circuíto
Paralelamente, a Concellería de Deportes realizará os labores necesarios para solicitar a homologación do percorrido, por parte da Federación Galega de Montañismo.











