O colexio Ferroviario abrirá o Certame de Teatro de Monforte o día 6 de maio
Despois da reunión mantida este mércores entre a concelleira de Educación e Cultura, Pilar López, e os representantes dos centros de ensino que participarán no XXIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos, quedou definido o calendario de actuacións dos diferentes grupos participantes no Certame.
As datas das representacións e o título das obras que porán es escena son as que seguen:
COLEXIO P. FERROVIARIO: “Convídote a soñar”, martes 6 de maio
IES A PINGUELA: “O misterio das risas”, mércores 7 de maio
CEIP A GÁNDARA: “Aventuras de Zongalo Quirico”, martes 13 de maio
CEIP DE MONFORTE: “¡Ai, mamasiña, que medo!”, mércores 14 de maio
COLEXIO PP. ESCOLAPIOS: “Aprendendo a ler”, xoves 15 de maio
CEE INFANTA ELENA: “A unión fai a Terra”, martes 20 de maio
ASOCIACIÓN INVITADA
PRODEME: “Un paleto con talento”, luns 19 de maio
Tódalas representacións levaranse a cabo na Casa da Cultura ás 20:00 h.
A entrega de premios realizarase o día 20 de maio, unha vez que finalice a representación do colexio Infanta Helena.











