O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia organiza un curso de Seis Sigma na Coruña
A Delegación da Coruña do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia organiza un curso de Seis Sigma, unha das ferramentas máis utilizadas actualmente para xestión de calidade. Un curso que terá lugar os venres 4 e 11 de abril (en horario de 16:00 a 20:00 horas) e os sábados 5 e 12 de abril (de 10:00 a 14:00 horas) no local da delegación herculina do Colexio, situado na rúa Alameda, 30. 7º (no edificio da Cámara de Comercio).
O curso está aberto a calquera persoa interesada e ten un prezo de inscrición de 200 euros, que se reducen a 120 euros en caso de colexiados do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia e estudantes. As inscricións poden formalizarse por e-mail en cingalic@icoiig.es. O número de prazas é limitado, polo que serán adxudicadas por data de ingreso bancario.
O curso será impartido por Salvador Naya e Javier Tarrio, profesores de estatística e investigación operativa da Universidade da Coruña. Naya e Tarrio explicarán como Seis Sigma responde a dúas necesidades básicas da empresa actual: innovar e asegurar o uso eficiente dos seus recursos.











