publicidade hoxe

O club de lectura da bibloteca Luís Seoane de Soutomaior recibe ao escritor Pedro Feijoo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Pedro Feijoo

Pedro Feijoo

A Biblioteca Municipal en Arcade contará o próximo día 26 de marzo coa visita do escritor Pedro Feijoo para participar o comentario sobre o seu libro “vos fillos do mar”, organizado polo Club de lectura galego-castelán de Soutomaior. O autor, natural de Vigo, achegará os detalles máis persoais da súa premiada obra aos asistentes e membros do club.

Como veñen facendo o últimos oito anos, os clubs de lectura da Biblioteca do Concello de Soutomaior, organizan cada mes os seus coloquios sobre unha obra literaria escrita en diferentes idiomas. Neste caso, o club de galego-castelán, terá a sorte de contar co escritor do libro escollido para o seu próximo coloquio.

Nel, os participantes poderán intercambiar impresións e coñecer a fondo os detalles desta novela de mans do seu autor, ademais de poder comprar un exemplar da obra e levarllo asinado a casa. Un auténtico luxo.

Os membros do Club de Lectura gozan destas obras en réxime de préstamo grazas á cooperación de distintas bibliotecas, aínda que nesta ocasión foi a Libraría Nos de Sanxenxo quen cedeu os exemplares. Nesta charla tamén participará Jaime Curral, dono de devandita libraría.

Os clubs de lectura da Biblioteca Luís Seoane de Soutomaior, abarcan obras literarias escritas en inglés, francés, alemán, ademais do citado grupo de galego-castelán. Neles participan veciños de toda a comarca, xa que non é necesario estar empadroado en Soutomaior, e contan coa coordinación e moderación dunha experta licenciada en filoloxía. Non é necesario ser un lector experto, os clubs están pensados para xente con ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. Pódese participar nos debates simplemente como oínte ou sen acabar de ler o texto proposto.

As actividades dos clubs de lectura compleméntanse con diversas actividades como o visionado de películas, visitas a museos e debates. Algúns deles, como o centrado en óbraa “Memorias dun neno labrego” de Neira Vilas, que tiveron tanto éxito que se estenderon durante varias xornadas.

13 de marzo de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.