O Club de Atletismo de Verín logra 21 medallas nas carreiras escolares de Xinzo de Limi a

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Na xornada de onte, 39 nenos/as do Club de Atletismo das Escolas Deportivas Municipais de Verín participaron nas carreiras escolares da “VII 10 Km Vila de Xinzo de Limia”, conseguindo nas mesmas a cifra de 21 medallas.

Un total de 39 integrantes deste club inscribíronse nesta competición deportiva nas seguintes categorías: pitufos, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadetes. Acadaron 21 medallas nestas probas, ofrecendo unha actuación conxunta destacada, converténdose no club con máis recoñecementos nas diferentes competicións. Nas probas participaron nenos/as con idades comprendidas entre os 20 meses e os 14 anos, e foi unha menor verinense a que tamén conseguiu o premio da participante máis nova desta edición.

31 de marzo de 2014 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.