O Cereixa F.S. de Gondomar disputa o partido aprazado contra o CAFyD de Marín
Mañá xoves, día 6 de marzo, ás 22.00 horas no Pavillón Polideportivo Municipal de Gondomar se disputará o partido aprazado da décimo sétima xornada da Competición de Liga Galega Sur de Fútbol Sala, entre os equipos CEREIXA F. S. DE GONDOMAR e 7a9 CAFyD DE MARÍN.
Ademais, o próximo domingo día 9, ás 11.30 horas da mañá, o CEREIXA F.S. disputará a vixésimo segunda xornada fronte ao LAVADORES F.S. de Vigo. O encontro terá lugar no pavillón CEIP SOUTO DE DONAS, debido a que o pavillón de Gondomar celebra este sábado e domingo, xornadas de aikido.
O CEREIXA F.S. fai un chamamento á afección para que coa súa presenza e incondicional apoio durante os partidos, poida intentar conseguir difíciles pero necesarias vitorias.











