O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acolleu a presentación do Premio Blanco Amor de Novela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Presentación dos Premios Blanco Amor de Novela

Presentación dos Premios Blanco Amor de Novela

O salón de actos do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolleu onte a presentación do XXXIII Premio Blanco Amor de Novela Longa, un dos galardóns senlleiros das letras galegas creado no ano 1981 por iniciativa do concello de Redondela co fin de rendir merecida homenaxe a un dos grandes autores da literatura do noso país, Eduardo Blanco Amor. O acto de presentación contou coas intervencións do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Redondela, concello encargado da súa convocatoria neste ano, Javier Bas; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos e o director do filme A Esmorga, Ignacio Vilar.

Rosendo Fernández Rosendo destacou que a presentación do premio no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” non é unha coincidencia, “xa que este ano 2014 é moi importante para a cidade e os ourensáns debido a que se conmemora o 35 aniversario do pasamento de Eduardo Blanco Amor, un escritor que inmortalizou auria coa súa obra. Deste xeito, animamos aos 92 concellos da provincia a que se impliquen no premio”. Así mesmo, sinalou que a relación da Deputación de Ourense co legado de Blanco Amor é moi estreita xa que a institución provincial garda e enriquece o arquivo e a biblioteca de Blanco Amor nas dependencias da Biblioteca Provincial.

14 de marzo de 2014 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.