O Centro Comercial Arousa inaugura a mostra “Entre Liñas” do artista Luís Davila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Centro Comercial Arousa inaugurará mañá, ás 19:30 h., e na primeira planta, “Entre Liñas”, unha exposición que recolle parte da obra pictórica e de humor gráfico creada no últimos catorce anos polo artista e viñetista budetense Luís Davila, popularmente coñecido polo seu traballo diario na tira O Bichero do periódico Faro de Vigo.

Ao comezo do acto, Davila realizará unha exhibición do proceso creativo e das técnicas que emprega para crear aos personaxes das súas populares viñetas.

A mostra poderase contemplar até o 10 de maio e inclúe preto dun centenar de tiras cómicas e 13 pinturas acrílicas.

A inauguración contará coa presenza do presidente da Comunidade de Propietarios e o director do Centro Comercial Arousa, Guillermo Lariño e Javier Refojo, respectivamente, e do autor da mostra, Luís Davila.

19 de marzo de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.