O CEIP Calvo Sotelo do Carballiño inaugura a exposición ‘El mundo do los sellos’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, e pola xefa territorial en Ourense, Mercedes Gallego; participou esta mañá na presentación da exposición ‘El Mundo de los Sellos’, no CEIP Calvo Sotelo, no Carballiño. Este colexio convértese así no primeiro centro público en Galicia – e polo momento o único- en acoller esta mostra, patrocinada por Correos e pola Comisión de Xuventude da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI). Durante o acto déronse ademais a coñecer os sellos personalizados dedicados a este CEIP.
O obxectivo desta exposición é mostrar a historia do correo desde o seu nacemento ata a nosa época, coa axuda de material audiovisual. Así mesmo, foméntase entre o alumnado a recuperación da correspondencia epistolar e ensínaselle a preparar os sobres para o seu envío por correo postal.
Esta tarde será xornada de portas abertas para todos os interesados en coñecer a mostra, que acollerá o salón de actos do centro ata o vindeiro día 21.











