O Carballiño propón información e deporte para a prevención á drogodependecia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O Concello do Carballiño xunto coa Mancomunidade de concellos, dentro da programación de prevención de drogodependencias, organiza para mañá día 20 de marzo, ás 20.00 horas na Casa da Cultura unha charla-coloquio baixo o título: A PREVENCIÓN DO CONSUMO DE ALCOL EN MENORES, coa participación da psicóloga Ana Martínez, experta en intervención psicosocial con persoas en situación de exclusión e con voluntariado, da Asociación APES.

A charla contará tamén coa participación dun beneficiario da asociación incluído no programa de reinserción social e cun voluntario, este último, estudante de Dereito, que disertarán respectivamente sobre a experiencia vivida en clave persoal e así como sobre a responsabilidade xurídico-penal para os pais e nais cando os seus fillos e fillas cometen infraciones e/ou delitos.

Esta charla-coloquio está enfocada principalmente ás familias, ás nais e pais que en ocasións non saben como responder as demandas e actitudes dos seus fillos e fillas menores e adolescentes, favorecendo a participación e o debate, así como a prevención do consumo de alcol en menores e adolescentes.

Tras a charla, e dentro do mesmo programa de prevención, ofrecerase unha exhibición de esgrima no auditorio do Carballiño, para mostrar este deporte e animar aos mozos carballiñeses a que se inscriban no curso gratuíto que se ofrecerá durante estas semanas.

19 de marzo de 2014 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.