O Carballiño celebrou entro os alumnos dos dous institutos da vila o seu I Club de Debate

I Club de Debate do Carballiño
O auditorio carballiñés acolleu este sábado a primeira participación do Carballiño no club de debate, que organizan os servizos de normalización lingüística, e que pretenden favorecer o uso do galego entro os mozos, á vez que a forma nas prácticas da oratoria e falar en público. O vencedor final destes primeiros debates foi o equipo do instituto Chamoso Lamas, tras unha longa deliberación por parte do xurado.
O tema do debate, escollido polos preparadores de cada un dos equipos, foi o de Independencia para Galicia?. Cada equipo tivo que defender as dúas posturas, cada unha nun debate dos dous celebrados, demostrando estes estudantes as súas habilidades para convencer ao público, despois de haberse preparado durante as últimas semanas para este enfrontamento dialéctico.
Os dous equipos carballiñeses participasen na gran final deste Club de Debate, que terá lugar en Ferrol, e onde se enfrontarán aos mellores oradores dos institutos do resto de Galicia.
O alcalde do Carballiño deu a benvida aos dous equipos, acompañado pola edil de Educación, concellaría organizadora do acto a través do seu servizo de Normalización Lingüística.











