O Carballiño Camiña pola Igualdade
Un total de 250 persoas participarán na III Andaina “O Carballiño camiña pola igualdade”, organizada pola área de Igualdade que dirixe o edil Purificación Alberte, o vindeiro domingo, 23 de marzo. Esta camiñada partirá da Praza Maior do Carballiño ás 10.00 horas. É esta unha actividade que se enmarca dentro dos actos conmemorativos do 8 de marzo “Día Internacional das Mulleres.
O percorrido dun total de 11 quilómetros, partirá da Praza Maior, dirección Mesego de Cabo, Roca, as Grovas, o Co veo, Partovia, Refoso, Aguisar, Varille, As Caldas, Fondo do Torrón, Señorín, Barrio de Flores e retorno á Praza Maior, onde finalizará. Os participantes poderán recoller os dorsais o mesmo domingo, a partir das 9,30, na Praza Maior.
O percorrido contará con puntos de avituallamiento, facilitado polo Supermercado Eroski.
Desde a área de Igualdade agradecen a todas as persoas inscritas,e ás que colaboran na organización da mesma, a súa participación nesta terceira edición da andaina solidaria pola igualdade á que esperan dar continuidade.











