O Carballiño camiña pola Igualdade

Andaina pola igualdade
Máis de 240 persoas iniciaron ás 10:00 horas da mañá deste domingo a andaina pola igualdade, organizada pola área de Igualdade do concello do Carballiño, e en marcada dentro dos actos do Día da Muller.
Desde primeira hora xa estiveron a chegar os camiñantes, para recoller os seus dorsais, e ás 10:10 xa estaban todos tras a pancarta que rezaba a lema desta andaina “O Carballiño camiña pola igualdade”, para percorrer os 10 quilómetros marcados pola organización para este ano, e que percorren boa parte do municipio carballiñés.
Antes de iniciar a marcha o edil de Sanidade pediu un minuto de silencio para lembrar o cinco mulleres que esta semana morreron por mor da violencia de xénero.











