O Carballiño acollerá unha reunión cos alcaldes da comarca para solucionar os problemas das emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO CarballiñoOurense
A-
A+

O alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes contactou con todos os alcaldes da comarca do Carballiño para convocalos a unha reunión, que terá lugar o vindeiro martes, e cuxo único punto será o de buscar a unidade para contar cun grupo de emerxencias que dea cobertura a todos os veciños do nove municipios.

Argimiro Marnotes considera que “no tema da seguridade debemos estar todos xuntos, unidos, e buscar entre todos as solucións. Aquí non importan cores políticas, aquí o que importan son os veciños, e por eles debemos unirnos para crear ese grupo de emerxencias que, nestes momentos, carecemos”.

Nas conversacións que o rexedor carballiñés mantivo cos seus colegas dos outros municipios xa adiantou que unha das solucións sería crear este grupo, no que cada concello achegaría segundo as súas posibilidades, pero que permitiría dar cobertura no nove municipios.

Nestes momentos as emerxencias están cubertas soamente polo grupo de voluntarios de protección civil do Carballiño, que xa tiveron que actuar nas últimas semanas en sinistros tanto en Cea como en Piñor.

O alcalde do Carballiño espera que na reunión deste próximo martes póidanse dar xa un paso firme para a consecución dun grupo de emerxencias comarcal, o máis rápido posible.

21 de marzo de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.