O Carballiño acole un curso de Esgrima

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A Mancomunidade de concellos do Carballiño organiza un curso de esgrima, dentro do programa do servizo de prevención de Drogodependencias, no que colabora a área de sanidade do concello do Carballiño.

Esta nova actividade desenvolverase no local de Bo día familia, situado na rúa Calvo Sotelo, e dirixido a nenos maiores de 14 anos. Os días serán os sábados pola tarde, sendo o prazo de inscrición desde o 10 ao 20 de marzo. Ese mesmo día, o 20 de marzo, terá lugar unha exhibición para todos os que queiran gozar desta disciplina olímpica.

A exhibición terá lugar no auditorio do Carballiño, o xoves 20 de marzo, ás 21:00horas.

Os interesados en inscribirse neste deporte poderán facelo chamando ao teléfono 988249850, ó ao 651688217, ou ben no correo info@fiascas.es. As prazas serán limitadas, o curso é completamente gratuíto.

10 de marzo de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.