O Carballiño abre o prazo para solicitar campamentos de verán
A área de Xuventude do concello do Carballiño informa da apertura do prazo para solicitar prazas xuvenís dentro do programa campaña verán 2014. A consellería de Traballo e benestar, a través da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e a organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á mocidade no ámbito do tempo libre.
Os interesados en participar nestes campamentos de verán deberán solicitalos antes do próximo 10 de abril, sendo a adxudicación das prazas de forma directa, sempre que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles. Neste caso realizarase un sorteo para a adxudicación.
Para máis información poden achegarse até a oficina de Xuventude do concello do Carballiño, situado na segunda planta da consistorial, de luns a venres en horario de 8,30 a 14,30.











