O canteirán celeste Brais Méndez estará na Rolda Elite Sub-17 de Kazán
Brais Méndez, centrocampista do Xuvenil A, volveu a ser convocado pola Selección Española Sub-17, coa que participará na Rolda Elite de Kazán do 23 de marzo ao 1 de abril. Antes de viaxar a Rusia, o equipo español concentrarase na Cidade Deportiva de Las Rozas entre o 20 e o 22 de marzo.
España debutará neste minitorneo, clasificatorio para a fase final do Campionato de Europa Sub-17, ante o país anfitrión. Os seus outros rivais serán as seleccións de Gales e Suíza.
O fútbol basee celeste afianza a súa impoñente presenza nas seleccións nacionais, proba de que o interese dos seleccionadores pola factoría da Madroa consolídase. A pedra angular da filosofía futbolística do Celta continúa fortalecéndose co respaldo dunha afección ilusionada co proxecto de canteira céltico.











