O campo de rugby da Malata acolle as finais do play off polo título e ascenso a primeira división galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

As instalación deportivas da Malata acollerán mañá sábado a disputa do partido final do play off polo título e ascenso a Primeira División da liga autonómica de Rugby , que enfrontará ao equipo local Club Rugby Ferrol contra o Muralla Rugby Club Lugo. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós, que compareceu en rolda de prensa acompañada dun dos responsables da formación local, Alejandro Segura. No acto tamén estaba presente o xogador de rugby neocelandés, Norman Maxwell, que chegaba onte á cidade departamental para impartir un clinic e recibir a homenaxe do clube de rugby local.

Así as cousas, Martínez Galdós avanzaba hoxe que o partido dará comezo contra das catro e media da tarde no Campo de Rugby de A Malata. “Un encontro transcendental – apuntaba a edil esta mañá – e que servirá de colofón perfecto para unha temporada espectacular”. A responsable das políticas deportivas da administración ferrolá, quen desexou á formación local “a maior das sortes e que mañá poidamos celebrar este merecido ascenso”, animou á cidadanía ferrolá a achegarse ate a Malata “para animar aos xogadores do Rugby Ferrol”.

A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol subscribía recentemente un convenio co Clube Rugby Ferrol para impulsar a práctica deste deporte entre os nenos e nenas da cidade. Froito deste convenio  é o clinic aberto ao público que impartirá Maxwell mañá no campo de rugby local. Así mesmo e por mor da labor desenvolvida ao longo de todo o ano o Rugby Ferrol era distinguido cunha mención especial na última edición da Gala do Deporte Ferrolán.

28 de marzo de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.