O camiño de San Roque podería quedar habilitado en abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

Maquinaria da Deputación provincial, xunto con operarios municipais, veñen de comezar as obras decisivas para a explanación e acondicionamento do camiño de San Roque, que poderían quedar concluídas en dúas ou tres semanas.

Os traballos conlevan a excavación do trazado que se vai rechear con pedra e posterior afirmado da calzada cun conglomerado de terra e xabre. Tamén se procedeu á apertura de zanxas para canalizar e encauzar as augas que, na época invernal, acumúlanse no trazado deste vieiro que une a saída da rúa Castelao coa zona dos Olmos.

Estes traballos permitirán deixar o camiño en condicións, de maneira que os veciños da avenida da Pastora que posúen tractores poidan utilizalo a partir desta primavera, no momento máis oportuno, cando comezan os labores agrícolas.

Este vial foi a alternativa elixida para a circulación de tractores, despois da habilitación do sentido único na dirección do tráfico na avenida da Pastora.

25 de marzo de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.