O Azkar Lugo – Xapón deste domingo, partido benéfico a favor de Saúl Cancio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

A selección xaponesa de fútbol sala, dirixida polo español Miguel Rodrigo e actual campiona de Asia, está realizando unha xira por España nestas datas e entre os seus variados compromisos atópase o partido que disputará ante o Azkar Lugo FS este próximo domingo (12:00 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo).

A xira que está realizando por diferentes puntos de España sérvelle ao combinado nipón como preparación para o próximo Campionato de Asia, que se disputará do 28 de abril ao 11 de maio en Vietnam.

Partido benéfico

Este partido internacional que disputará o Azkar Lugo, aproveitando que esta semana non ten competición debido á súa xornada de descanso dentro da competición ligueira, foi declarado polo club como encontro benéfico e que será a favor do xoven lucense Saúl Cancio. Este neno sofre unha enfermidade psicomotora sen diagnóstico que non lle permite camiñar e é por iso que se recaudarán fondos para a súa terapia. Ao longo de toda a semana poñeranse á venda na sé do club (Centro Deportivo Terra) rifas para un sorteo de merchandising que se realizará o día do partido para así recaudar fondos para axudar ao xoven lucense.

31 de marzo de 2014 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.