O Azkar Lugo visita a un FC Barcelona que se atopa terceiro na Liga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Pensando que é difícil pero non imposible, o Azkar Lugo visita mañá venres (21:15 horas – Palau Blaugrana – En directo por Barça TV e Esport3) a pista do FC Barcelona. Os lucenses saben o que é ter que competir na cancha do actual dominador do fútbol sala español pero que este ano non está realizando a súa mellor liga regular. Sabe que terá en fronte a un equipo culé doído pola súa última derrota en Murcia ante ElPozo. É coñecedor diso e aos lucenses non lles queda outra que competir e competir para non sufrir unha goleada como lle ocorreu nas súass anteriores dúas visitas ao Palau.

Os números din que o Barça non está realizando a súa mellor liga regular dos últimos anos. É terceiro, a tres puntos de ElPozo e a oito do líder Inter Movistar. Os blaugrana cederon só dúas derrotas no que vai de campaña, pero tamén cedeu cinco empates. Algo case inusual na escadra catalá. Unido a iso, o Azkar Lugo chega ben a este choque tras sumar dúas importantes vitorias e de forma consecutiva. Ese nivel de competición é básico mañá no Palau para ter opcións.

Para este encontro os lucenses non poderán contar finalmente de última hora con Cospe debido a unha lesión de xeonllo que se produciu no último adestramento de onte xoves antes de partir cara a Barcelona, polo que o capitán Aranburu entrou finalmente na convocatoria. Marc Carmona pola súa banda non poderá contar cos lesionados Torras e Igor.

Convocatoria:
Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Diego Núñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Aranburu, Chano, Mendiola, Iago Rodríguez, Cristian e Álex Diz.

Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Barcelona
Vitorias Barcelona: 6
Vitorias Azkar: 2
Empates: 1

Tempada 12/13: 7-0.
Tempada 11/12: 9-0.
Tempada 10/11: 1-3.
Tempada 09/10: 2-2.
Tempada 08/09: 6-1.
Tempada 07/08: 1-2
Tempada 06/07: 2-1.
Tempada 02/03: 7-4.
Tempada 00/01: 4-1.

6 de marzo de 2014 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.