O Azkar Lugo recibe ao Ribera Navarra en busca da salvación matemática

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Facer máis puntos que o Gran Canaria é un dos obxectivos dos lucenses na 25ª xornada deste fin de semana. Os lucenses reciben mañá venres (21:00 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo) ao Ríos Renovables Ribera Navarra nun partido no que os galegos esperan poder deixar resolta a súa salvación matemática, aínda que esta non a coñecería ata que os canarios xoguen o seu partido o sábado en Peñíscola. Para iso o Azkar tería que sacar nesta xornada máis puntos que os isleños, iso chegaríalle para poder gozar un ano máis na máxima categoría a falta de cinco xornadas para a conclusión desta campaña.

A Lugo chega un Ribera Navarra que é sétimo na táboa e quizais con gañas de quitarse a espiniña que lle quedou cravada trala Copa de España de Logroño, na que perdeu iso si ante o Barça, pero chegarán doídos polas formas xa que perderon por 7 goles a 1. Quizais querendo esquecer canto antes ese partido, os tudelanos cheguen con máis gañas a Lugo e centrándose na liga onde queren clasificarse para os playoffs polo título. Pola súa banda os lucenses buscan canto antes pechar o seu obxectivo da permanencia e puntuar ante os de Pato, sería un paso máis e poida que definitivo.

No apartado de baixas para o choque, o Azkar conta con dúas xa que Cospe e Antonio Diz por lesión non poderán estar ás ordes de Diego Ríos. Pola súa banda o Ribera Navarra chega a Lugo con todo o seu plantel ao completo.

Convocatoria:
Ríos R. Ribera Navarra: David, Lolo, Palmas, Luisma, Rubi, Andresito, Charlie, Joselito, Juni, Molina, Zardoya e Álex Fuentes.

Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Lugo:
Tempada 2012/2013: Azkar Lugo 4 – Ríos Renovables Ribera Navarra 7
Tempada 2011/2012: Azkar Lugo 3 – Ríos Renovables Ribera Navarra 3

Vitorias Azkar: 0
Vitorias Ribera Navarra: 1
Empates: 1

20 de marzo de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.